lunes, 22 de abril de 2013

Nova páxina web do club


Alegranos comunicaros que o noso Club dispón dunha nova páxina web coa que esperamos proporcionar un mellor servizo a todos os socios.

Por este motivo este blog deixará de ser o medio de comunicación oficial do Club e dende agora toda a información pasa a estar no novo enderezo:



Esperamos que a nova páxina sexa do agrado de todos e que cumpra eficazmente co obxectivo para o que foi deseñada.

AVISOS VARIOS ENTRENOS E COMPETICIONS

Comunicamos que a presente semana será de adestramento normal no pabellón de Milladoiro nos mesmos horarios de sempre, para todos aqueles que durante o curso teñen alí seu sitio de adestramento.

De cara ao mes de maio faremos xestións con a idea de facer os adestramentos de semana, de todos os atletas do clube, nas pistas da USC ata o final do curso. Intentaremos facer que a renuncia pontual do espazo non repercuta na súa perda de cara ao curso que ven.

LUNS, OS ATLETAS CADETES/XUVENIL TERÁN 15’ MAIS DE ADESTRAMENTO: CHEGARÁN AS 18:15 PARA FACER O QUECEMENTO, ACABANDO AS 19:30- (Os que non Poidan, chegan as 18:30 e marchan as 19:45)

Tamén aprobeitamos para recordar que o vindeiro 04/05 será o campionato provincial de atletismo onde competirán os 16 mellores atletas en cada proba e categoría, entre as marcas conseguidas nas xornadas previas de toda a provincia. Unha vez teñamos as listas de clasificados procederemos a facer as invitacións e consultas nos adestramentos con cada atleta.

RECORADE QUE O CALENDARIO DO CLUBE ESTÁ OPERATIVO E UNHA VEZ TEÑAMOS AS INFORMACIÓNS XA SE VAN INCORPORANDO AO MESMO!

Un saúdo!

viernes, 12 de abril de 2013

CAMBIOS NOS ENTRENOS DA SEMANA QUE VEN


Avaliando as posibilidades e demandas, a dirección técnica propuxo algunhas mudanzas relacionadas ao adestramento na semana que ven:
 
-        *  AS SESIÓNS SE FARÁN NAS PISTAS DA USC PARA TODOS OS ATLETAS (incluídos os do que adestran no pavillón).


-       *   LUNS, OS ATLETAS CADETES/XUVENIL TERÁN 15’ MAIS DE ADESTRAMENTO:  CHEGARÁN AS 18:15 PARA FACER O QUECEMENTO, ACABANDO AS 19:30- (Os que non Poidan, chegan as 18:30 e marchan as 19:45)


-        *  O VENRES TEREMOS UN ADESTRAMENTO ESPECIAL PARA OS XUVENILES E CADETES QUE NON ACUDAN Á COMPETICIÓN DO SÁBADO, NAS PISTAS DA USC DAS 18:00 AS 19:30. (pendente de confirmar a dispoñibilidade dos atletas)


Con vistas as próximas semanas, estamos estudiando a mellor forma de xestionar os espacioes e estructura que temos e mais adiante confirmaremos a estructura definitiva das actividades de cara as vindeiras semanas.

Un saúdo!

jueves, 11 de abril de 2013

CAMBIO HORARIO A POBRA E PROTOCOLO DE INSCRIPCIÓNS DO CLUBE: 5 PASOS IMPORTANTES

En primeiro lugar e antes de nada, felicitar a todos os participantes na primeira etapa clasificatoria disputada en Riveira o pasado sábado onde se viviu un bonito día de deporte e de convivencia entre os nosos deportista ao que se suman os bos resultados acadados por todos os participantes, moitos deles practicamente garantindo a praza para o campionato Provincial. O sistema de clasificación e os detalles serán informados nunha próxima circular que estamos preparando!

Por outra parte, xa queda pouco para  a próxima cita na Pobra do Caramiñal, nunha xornada similar a anterior pero con a diferenza que para os atletas cadetes se suprimen as probas de pista, para buscar mellorar a organización dos tempos e evitar retrasos. Polo tanto non se celebrarán a as probas de 100m, 300m, 600m, 1000m, 3000m , 100m vallas, 300m Vallas, 1500m obstáculos e marcha para a categoría CADETE.  unha vez eliminadas ditas probas axustouse o horario (acabará antes a competición) facendo algúns cambios que podedes ver a continuación:  


NOVO HORARIO A POBRA                                      

Queremos explicarvos neste post , para unha  correcta organización en relación aos preparativos das competicións e tamén co axuste das probas as demandas dos atletas (deportivas e familiares), o protocolo que temos no clube para realizar as inscripcións que ten un orde lóxico e que se explica a continuación:
1º -ENVIO DE INVITACIÓN -  Con tempo de antelación suficiente (sempre que as organizacións das competicións faciliten as informacións en prazo), enviarase unha invitación onde estarán todas as informacións relacionadas ao evento, os prazos para confirmación e particularidades de cada proba. A Invitación debe ser CONFIRMADA E OS DATOS REQUERIDOS CONTESTADOS para que podamos prepararnos (pedidos de prazas de autobús, numero de adestradores que acompañarán, programación de adestramentos alternativos ás competicións se son moitos os que non acudan, etc)
2º CONSULTA CON ATLETAS – Tratamos de buscar as preferencias dos atletas falando individualmente e propoñendo algunhas probas nas que cremos que deben apuntarse para alcanzar algunha clasificación ou mínima. (na circular sobre competicións trataremos de explicar os criterios)
3º ADXUDICACIÓN DE PROBAS – O adestrador responsable de cada grupo xunto co director deportivo avaliarán a dispoñibilidade do atleta (contestación dos pais), e as probas mais interesantes segundo criterios de desenvolvemento deportivo, motivación, preparación para seguintes probas e con toda esa información, se fai a escolla da proba. Aquí tamén entran aspectos regulamentarios como o limite de 6 atletas por proba que temos no escolar en pista, por exemplo.
4º ENVIO DE LISTA DE INSCRITOS DEFINITIVA – Se envían as listas definitivas cos inscritos. Este proceso busca solucionar erros no proceso, pero NUNCA, coa intención de acoller peticións fora de prazo ou acatar cambios de pareceres sen xustificativa.
5º CONFIRMACIÓN DE ÚLTIMOS DETALLES – Nos días anteriores a proba se fai a confirmación dos últimos detalles (horarios de autobús, posibles cambios de horarios da competición, lista definitiva de probas e de atletas que pediron praza en autobús, etc).
Recordamos que facer as confirmacións por Email é a ÚNICA maneira de garantir o rexistro da información para o correcto proceso! Son 80 atletas e moitas persoas (adestradores, directiva, dirección técnica) involucradas na tarefa e de non facerse así, teremos mais posibilidades de cometer erros!

Gracias a todos!

miércoles, 10 de abril de 2013

CITIUS,ALTIUS,FORTIUS- I Trofeo Fontes do Sar

Deixamosvos o enlace do programa da Televisión de Galicia adicado ao atletismo. No programa número 95,a  partir do minuto 18 poderedes ver a vosa participación no Trofeo Fontes do Sar e como o noso director deportivo Joao Fernandez, da conta  do esforzo de todos para que este evento e o Trofeo Millaraio fosen un éxito.

Trofeo Fontes do Sar  

noraboa Millaraio!!

lunes, 8 de abril de 2013

jueves, 4 de abril de 2013

Campionato Escolar Atletismo en pista - Comarcal Santiago e Noia

Este sábado día 6 vaise a celebrar en Riveira o Campeonato Escolar de Atletismo en pista. Esta é a  primeira das duas competicións clasificatorias para o provincial (a outra será o 20/04 en a Pobra, co mesmo horario)  e o Millaraio conta con 56 atletas inscritos en todas categorías. 


A continuación compartimos o enlace para as probas e os horarios:


probas e horarios Riveira                                                   

Avisos  importantes:

* O Autobús no que nos desprazaremos ata Riveira é o número 2, e fará a súa saída de rotonda que da ao Parque Eugenio Granell (a carón do Corte Inglés) as 09:00 da mañá. Levaranos ata o estadio de atletismo de A Fieiteira en Riveira.

*Os que non van en autobús recordade que de non estar media hora antes da proba podedes quedar sen participar na mesma.

* Os rapaces que ides a pasar o día tedes que levar a comida pois non haberá este servicio neste día.

* Levar a camiseta oficial do clube (branca) e no caso de non tela, a azul. Todos os que teñen zapatillas de clavos deben levalas!


Por outro lado os que non vaiades, ese día non haberá adestramento 

Sorte a todos e ánimo Millaraio!!










miércoles, 3 de abril de 2013

CITIUS ALTIUS FORTIUS-Campeonato Galego Cadete en Pista Cuberta

Deixamosvos o enlace do programa número 92 Citius,Altius,Fortius da TVG  no que podedes ver un resumo do Campeonato Galego de Pista Cuberta celebrado o día 2 de marzo en A Coruña ,e no que participaron atletas do noso clube.Poderedes ver tamén no minuto 24.23 ao noso membro Martín Fernandez, no podio de salto de lonxitude no que acadou unha marca de 5.32 mts

Campeonato Galego Cadete Pista Cuberta


Noraboa a todos!!

lunes, 25 de marzo de 2013

Trofeo Fontes do Sar - Millaraio 2º Por equipos


O Sábado día 23 vimos de celebrar o Primeiro Campionato do club Fontes do Sar, evento preparado man a man co noso  club Millaraio e coa colaboración de Federación Galega de Atletismo, materializada polos Xuíces e pola labor da súa delegación en Santiago.

Este Torneo, ven a completar o segundo fin de semana de competición para os escolares, pois os rapaces  puideron participar na maioría das especialidades do atletismo, xa que o Trofeo Fontes do Sar completou as especialidades non disputadas no Trofeo Millaraio que encargouse de organizar as probas mais técnicas (valados, lanzamentos de pelota e xavelina, salto triplo e salto en altura).


Neste Trofeo tamén participaron  atletas de categoría absoluta nas probas de 100m, 800m e 3000 que completaron así o abano de probas de pistas cos 200m, 400m e 1500 do fin de semana anterior. Algúns dos nosos atletas veteranos tamén participaron podendo probarse de cara aos vindeiros campionatos galegos de veteranos en Xuño.

Canto aos resultados, podemos destacar unha grande cantidade de marcas persoais e de podios, que axudou a que o clube asegurase a 2ª praza por equipos, recibindo un cheque de 125 Euros en material deportivo, ofrecimento de deportes Amancio. Por outra parte, o resultado deportivo mais importante se logrou en canto ao aprendizaxe de como cada un debe actuar nas competicións oficiais, no coñecimento de novas probas e tamén na evaluación de cada deportista cara a escoller as probas nas que tomará parte nos clasificatorios escolares.

Temos que felicitarnos pola grande participación nestes dous eventos, a pesar dos problemas que xurdiron a última hora a fin de semana pasada.  Entre as dúas competicións tivemos en total una asistencia de preto de 1000 atletas de tódalas categorías o que nos demostra a necesidade deste tipo de iniciativas e que estamos traballando no bo camiño na  promoción deste deporte.
Outro dato moi importante é a participación dos pais e voluntarios, que fixeron un grande traballo, montando e desmontando, auxiliando os xuíces, organizando os nosos atletas e, como non, apoiando e ofrecendo axuda en todo momento! Sen a  vosa colaboración, non sería posible realizar os eventos!

No enlace adxunto enviamos as listas provisionais de resultados que volveremos a publicar cando sexan definitivos:

Resultados Trofeo F. do Sar


Culminamos con éxito o proxecto das probas de preparación de pista, organizadas e patrocinadas polos dous clubes (Millaraio e Fontes do Sar) e xa falta pouco para os clasificatórios do deporte escolar en pista, coa primeira proba en Riveira o día 06/04.  Enviaremos a Invitación cos detalles para poder facer a inscripción e confirmar aqueles que utilizarán o transporte en autobús.

jueves, 21 de marzo de 2013

I TROFEO FONTES DO SAR

De novo este sábado temos unha cita co atletismo, esta vez participando no I Trofeo Fontes do Sar, no Estadio Universitario de Santiago. Serán probas para escolares, dende pre-benxamín ata xuvenil, e nalgunhas disciplinas tamén poderán participar as categorías superiores. Por suposto o noso club terá participación en tódalas categorías e en todas as disciplinas e tamén botaremos unha man na organización para o que lles faga falta unha vez que a programación das probas foi feita en conxunto con o Millaraio e o ontes do Sar tamén colaborou no noso Torneo.

Ao longo do día de hoxe enviaremos as listas coas probas que fará cada atleta.

Recordamos tamén que han de estar todos os participantes no Estadio, polo menos 30 minutos antes da saída da súa proba. E imprescindible levar a camiseta do clube, pantalón corto e , os que teñan, as zapatillas de cravos.


Neste enlace tendes toda a información dos horarios das probas e das categorías participantes:

TROFEO FONTES DO SAR

Vémonos no Estadio!!

lunes, 18 de marzo de 2013

I TROFEO MILLARAIO.RESULTADOS E CLASIFICACIONS

 Este Sábado 16 o noso clube ven de prepar o seu primeiro campeonato, cun éxito notable, a pesar de todos os problemas surxidos a última hora.

Lamentablemente o tempo tampouco nos acompañou, así que o esforzo de todos foi moito maior e por iso
queremos agradecer a todos os atletas e as súas familias, tanto do clube coma dos nosos convidados, a boa disposición para cambiar os plans do día e apoiar este primerio campeonato, que a pesar das baixas tivo unha asistencia notable.

Temos que agradecer tamén os esforzos feitos para que todo saíse ben ao noso Presidente David García, ao noso director deportivo, Joao Fernandez, a Delegación de Atletismo de Santiago e a dirección do club Fontes do Sar, para que as molestias fosen as minimas. Tamén dar as gracias a os pais e nais voluntari@s do clube que axudaron aos xuices nas diferentes probas.

Adxuntamos os resultados das diferentes probas

A entrega do TROFEO MILLARAIO ao primeiro equipo masculino e femenino, realizarase ao inicio da competición do próximo sábado día 23, no I TROFEO ATLETISMO FONTES DO SAR, que tamén se realizará no Estadio da USC. Mais de 20 clubes tiveron puntuación, levando cando menos unha medalla para o seu palmares o que nos deixa moi contentos!

Os primeiros clasificados forón os equipos do Clube anfitrión, non sen unha forte disputa na categoría femenina que faría con que apenas 2 puntos separasen o campión do segundo colocado (Atlética A Silva) que pola súa conta sacou 3 pontos ao conxunto femenino do AT. Barbanza!


Aquí tendes as clasificacións por equipos :

MASCULINO:
  1. MILLARAIO, 47 PUNTOS.
  2. USC, 20 PUNTOS.
  3. ATLETICA A SILVA, 16 PUNTOS.
  4. RIA DE FERROL-CONCEPCIÓN ARENAL, 7 PUNTOS.
  5. SUAREZ MARQUIER, 5 PUNTOS.
  6. ATLETICA NEGREIRA, 5 PUNTOS.
  7. AT. BARBANZA, 4 PUNTOS.
  8. VIGUESA DE ATLETISMO, 4 PUNTOS.
  9. FONTES DO SAR, 4 PUNTOS.
  10. ELITE NOIA, 3 PUNTOS.
  11. AT. NOIA, 3 PUNTOS
  12. R.C. CELTA, 2 PUNTOS.
  13. S.G. PONTEVEDRA, 2 PUNTOS.
  14. C.A. AFFLELOU NARON, 2 PUNTOS.
  15. A. TUI, 2 PUNTOS.
  16. AT. DEZA, 2 PUNTOS.
FEMININO:
  1. MILLARAIO, 23 PUNTOS.
  2. ATLETICA A SILVA, 21 PUNTOS.
  3. AT. BARBANZA, 18 PUNTOS.
  4. AT. VILA DE CANGAS, 14 PUNTOS.
  5. ATLETISMO CUNTIS, 14 PUNTOS.
  6. USC, 8 PUNTOS.
  7. FONTES DO SAR, 7 PUNTOS.
  8. A. FEMENINO CELTA, 5 PUNTOS.
  9. AT. DEZA, 3 PUNTOS.
  10. COMESAÑA SPORTING CLUB, 3 PUNTOS.
  11. CLUB ATLETISMO A ESTRADA, 3 PUNTOS.
  12. CLUB ALEJANDRO GOMEZ, 1 PUNTO.

O Sábado que ven esperamos de novo unha festa do atletismo en pista coa disputa do Trofeo Atletismo Fontes do Sar co cal tamén colaboraremos axudando a organización e onde levaremos a maioría dos nosos 80 atletas para facer a súa posta a punto de cara ao escolar do día 06/04 en Ribeira!


Información Trofeo F. do Sar



viernes, 15 de marzo de 2013

URXENTE!!! CAMBIO HORARIO DO I CAMPEONATO MILLARAIO


Por motivos alleos ao club e a Federación, lamentamos informarvos que nos vemos na obriga de, a poucas horas do comezo do noso primeiro torneo, cambiar o horario para a xornada da tarde, ao inciciarse a partir das 16:00.

A realización do torneo estuvo ameazada ata ó último momento por outra actividade simultánea na instalación da USC,que impedía a realización do trofeo, feito comunicado ao club a última hora de onte.

Gracia a unha intensa mañá de xestións do Presidente David, Dirección técnica,Juan Pablo, O delegado da FGA, Iván Sanmartín e a directiva do club Fontes do Sar, Pedro, pudose dar unha solución alternativa á cancelación doTrofeo Atletismo Millaraio e que nos permite levar a cabo esta competición

Entendemos as posibles baixas e pedimos desculpas por todos os danos ocorridos, esperando que as cousas se fagan de outro xeito a próxima ocasión de deixando claro que a xestión tanto do Club Millaraio, como da Delegación foi totalmente correcta, sendo un problema en exclusiva da organización do espazo das pistas.

Aqueles que se ofreceron voluntario, pedimos que nos confirmen a posibilidade de seguir participando pola tarde e confirmamos que se fará a presentación as 15:30

Deixamos o enlace co novo horarios e desconsideramos as cancelacións de inscripcións, por lo que se manteñen, salvo casos técnicos xa tratados e outras imposibilidades que se resolverán antes da competición. Entendemos a ausencia dos que non poidan estar e pedimos que se esté polo menos 30 minutos antes da proba para confirmar e facer o quencemento.
 
COMUNICADO E NOVO HORARIO 
 
 
NOVO HORARIO 
 



martes, 12 de marzo de 2013

I TROFEO MILLARAIO DE ATLETISMO EN PISTA

Este sábado 16 de marzo celebrarase no estadio de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela o primeiro Trofeo Millaraio de atletismo en pista na que será a primeira toma de contacto coa pista nesta tempada.
Coa celebración deste trofeo ofrecemos ós atletas, tanto ós dos noso clube coma ó resto dos participantes, a oportunidade de mellorar as suas marcas ou ter o primer contacto coas distintas probas de atletismo en pista que formarán parte deste Trofeo antes das fases previas de atletismo en pista.
O clube fará a inscripción dos atletas de Millaraio, durante a semán informarase ós atletas do clube acerca das probas nas que tomarán parte.


Aquí tedes o enlace á relación das probas que se disputarán o sábado e o horario das mesmas:

jueves, 7 de marzo de 2013

CARREIRA DE PADRÓN

Aínda que faltaban os cadetes que sparticiparón no campionato galego e alguns atletas que non poiideron acudir, o Millaraio foi unha ver mais un dos clubes de maior participación na Carreira de Padrón disputada o pasado sábado pola tarde. Aproximadamente 50 atletas do clube participaron na carreira entre todas as categorías, con algúns atletas en posición de podiun e tamén 2 atletas veteranos participantes do campionato Galego de 10km en Ruta.

As  medallas acadadas foron:

Degnesh Mato - 1ª Benxamín
Daniel Mato - 2º Alevin
Inés Castaño - 1ª Cadete
Vanesa Varela - 2ª Xuveníl


O maior éxito foi o coletivo, pois o atletismo Millaraio deixouse ver con numerosa participación en tódalas carreiras escolares, gañando o premio como Club que mais aportou corredores na carreira e todos os atletas veñen mostrando unha mellora moi grande nas súas prestacións en probas de resistencia!

Resultados Carreira Padrón 2013

Agora toca concentrarnos nas especialidades de pista que comezan a ter protagonismo con o I Trofeo MILLARAIO de atletismo en Pista o vindeiro 16/03, nas pistas da Universidade. Xa teremos mais información os vindeiros días!

lunes, 4 de marzo de 2013

CAMPIONATO GALEGO CADETE PC


A participación do Atletismo Millaraio no Campionato Galego Cadete en PC estivo chea de éxitos tanto a nivel de mellores marcas coma de resultados por puestos.



A piques estivo de conseguir un metal Nicolás Rodriguéz-Cadarso! Acadou un meritorio 4º posto na final do salto de lonxitude tras superar un inicio difícil no que non era quen de coller táboa, pero tras superar estes problemas fixo un salto de 4.93 que lle fixo subir 4 posicións na clasificación final. Foi 5º na final dos 50 m.v  cunha boa marca de 9.05, lembremos que os valos miden 0.91 metros de alto!
Samuel Huesca fixo un moi bo lanzamento de peso (9.70, Record do Clube!), mellorando mais de 1 metro e medio súa anterior marca, o que lle permitiu acadar o 6º posto. Ademáis, correu os 50 m.l dunha forma extraordinaria, baixando de 7” por primeira vez e quedando as portas da final.


O ansiado metal para o Clube  chegaría das dos pés de Martín Fernández que acadou a medalla de prata no salto de lonxitude cunha marca de 5.32 quedándose a menos de 50cm da mínima para o Campionato Nacional. O atleta que tamén estivo a punto de pasar á final dos 50 m.l, realizou unha grande serie de saltos, todos por encima dos 5m, demostrando unha boa regularidade!
A nosa atleta completa de combinadas Andrea González,  tiña unha maratón de probas por diante!  Pola Mañana, correu as series e as semifinais dos 50m.l (7”44) e participou na final de Salto de Lonxitude onde  non tivo fortuna no axuste do talonamento e realizou 3 nulos quedando fora da mellora. Pola tarde, na carreira con valos fixo unha boa actuación (9”25, MMP), tendo en conta o pouco adestramento específico de esta proba que ten feito ata agora. 

O equipo feminino estivo representado ademais por outras 3 atletas que melloraron súa marca persoal! Rocio García e Irene Ibañéz (tamén participou nos 50m.l)  fixeron unha boa carreira de 600m.l, con marcas moi próximas aos 2 minutos,  onde o nivel foi moi alto quedando 10ª e 13ª respectivamente.  Aldara Díaz fixo unha moi boa carreira de 50 m.l mellorando considerablemente a súa marca en relación coa que tiña en 60 m.l!

Resultados Galego Cadete PC

É un grande orgullo para o clube levar a 7 atletas a unha competición autonomica onde se retan contra os mellores atletas de Galicia e por ribaTODOS melloran suas marcas persoais!

Parabéns para todos!!!

sábado, 2 de marzo de 2013

ACTIVIDADES FIN DE SEMANA E EUROPEU DE ATLETISMO EN TELEDEPORTE

Temos un parón nos adestramentos do fin de semana para que os nosos atletas fagan 2 competicións en diferentes cenarios da xeografia galega en competicións de pista e ruta!

Os primeiros en poñerse a proba serán os atletas do equipo cadete que levan o equipo mais numeroso que nunca tivo Millaraio nun campionato galego cadete en pista, cun total de 7 atletas que disputarán diferentes probas de velocidad, saltos, vallas, lanzamentos e medio fondo, para as cuais se esixia unha mínima de participación que os atletas do clube alcanzaron.


Outra cita xa tradicional é a carreira de Padrón, onde o clube acude con toda a súa forza, nunha carreira sen cuestas onde sempre hai bo ambiente!  Ese ano ademais, nosos atletas terán a posibilidade de ver na carreira absoluta un impresionante palmares de atletas unha vez que a carreira de 10 Km é válida como campionato galego Absoluto de 10 km en ruta e contará coa presencia de Alejandro Fernández, Pedro Nimo, Yolanda Gutierrez, Solange Pereira, Maria Jesus Gestido entre outros grandes atletas Galegos!

O clube faise cago de recoller os dorsais de todos os nosos atletas e montaremos un punto de encontro cercano ao arco de salida para facer a entrega e coordinar o quecemento cos adestradores!

RETRANSMISIÓN EUROPEU INDOOR- TELEDEPORTE

O canal temático TELEDEPORTE retransmite en directo durente todo o fin de semana o Campioanto de Europa de Atletismo baixo teito, dando a oportunidade de que poidamos acompañar os atletas españois e tamén os mellores atetas de Europa nas diferentes probas de pista e concursos. 

Deixamos o enlace cos horarios das probas para que os nosos atletas poidan acompañar e aprender tamén observando ao mellores atletas da actualidade:


Un saúdo!

jueves, 28 de febrero de 2013

Campionato Provincial de Campo a Través-Culleredo

No programa Cancha Junior do pasado fin de semana saiu unha reportaxe do Campionato Provincial de Campo a Través, que tivo lugar en Acea da Ma (Culleredo) o sábado 16, así como unha entrevista á Campiona do Mundo Junior de Triple Salto, de nosa Provincia do Club A.D.D. do Barbanza da Pobra do Caramiñal.




lunes, 25 de febrero de 2013

FIN DE SEMANA COMPLETO


O pasado fin de semana foi de moitas actividades do Clube, que tivo representantes en competicións en diferentes puntos da xeografía Galega, ademais dos moitos atletas que adestraron nas pistas o sábado pola maña.


Xa a primeira hora da tarde do Venres os atletas da categoría cadete se desprazaron a Coruña para disputar a I Xornada do Circuito Marineda, co obxectivo de buscar mínimas e de facer un primeiro contacto con as competicións de pista. O clima non acompañou os ánimos e a xornada fría e pasada por auga deixou boas experiencias en canto a competición, onde as marcas acadadas non teñen maior relevancia, xa que estamos a comezar a preparación de cara a pista.

Aínda así víronse mellores marcas persoais e da tempada e bos rexistros das rapazas na dura proba de 300m lisos con Mínima de Andrea González e Rocio García xunto a Irene Ibañez rozando a marca de 50” pedida para participar no Campionato Galego do vindeiro sábado.

RESULTADOS A CORUÑA 22/02


GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS.

O sábado pola maña, o equipo Alevín e os atletas Hugo Rodriguez e Inés Castaño formaban a delegación de atletas mais numerosa do Clube nun campionato Galego de Cros, facendo un bo papel todos, tendo en conta as dificultades do circuíto e as baixas temperaturas que rexistraba Guitiriz naquela maña.
Os Alevíns finalmente fixéronse con o 5º posto rozando o podio por escasos 4 puntos, sendo o primeiro equipo do Millaraio en conseguir colocarse entre os mellores de Galicia! Daniel Mato fixo una grande Carreira e axudou o equipo con o seu 3º posto, gañando a  medalla de bronce individual, tamén un feito inédito na breve historia do noso Clube!

Tamén destacar a actuación de Hugo Rodriguez, sempre indo a mais en cada unha das competicións segundo avanza a tempada, para ser o 26º mellor atleta infantil de cross de Galicia e tamén a atleta Cadete Ines Castaño (14ª) que, aínda non sendo especialista en atletismo, fixo unha grande temporada de Campo a través en medio a súa preparación para as probas de Triatlón de verán!




RESULTADOS GALEGO CAMPO A TRAVÉS- GUITIRIZ




Parabéns a todos e agora, comeza a tempada de pista e a preparación especial para os novos desafios!

sábado, 23 de febrero de 2013

Historias de Maraton, New York

Aqui vai un enlace a un vídeo moi emotivo e interesante do que impulsa a diferentes persoas a prepararse para un maratón, cada un ten as suas motivacións e metas. Pareceme adecuado compartilo porque agora hai moitos pais e nais do club que tamén corren e unha forma de que se vexan reflexados nestas breves historias que conta casos de xente normal. Ao final, da igual que sexa unha maratón, un carreira de 10 km ou simplemente calquera reto persoal, o importante e a mensaxe de superación, vontade e sacrificio que se transmite . Espero que vos gusta, a min gustoume moito. Non dura moito, ao redor de 20 minutos.



miércoles, 20 de febrero de 2013

CITIUS ALTIUS FORTIUS e Cancha Junio

Dende o club vos propoñemos que vexades o programa do día 16 de Febreiro "Citius, Altius, Fortius" da Televisión de Galicia.

O vídeo ten os seguintes contidos:
*Campeonato de España Promesa de pista cuberta
* Presentación do Campeonato Galego Escola de Campo a Través
* Campeonato Galego de Marcha en Ruta
*Campeonato Galego Xuvenil-Junior de pista cuberta

Poderedes ver algúns dos atletas do noso club e coñecer mais sobre o Campeonato Galego de Campo a Través que se vai disputar en Guitiriz o próximo Sábado. Como podedes ver, o circuito é todo de herba e é moi importante levar clavos de 6 a 9mm.

Citius, Altius, Fortius 16/02/2013

Outro Progama onde aparecen nosos atletas é o Cancha Junior, que tamén trae información da pista Cuberta e do Cross. Tedes a Partir do minuto 19:35.

Video Cancha Junior

Son bonitos recordos que quedan dos desafios que enfrontan os nosos atletas!

Un saúdo!


lunes, 18 de febrero de 2013

RESULTADOS PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS- VARIOS CLASIFICADOS PARA O GALEGO ESCOLAR

O pasado sábado disputouse en Culleredo o Campionato Provicial de Campo a través escolar con un día de sol e nun magnífico circuito por herva, onde o Millaraio participou con 35 atletas con representantes en tódalas categorías!



Todos fixeron un grande papel, dando o mellor de si e facendo con que o Clube rozara o podio na maioría das categorías, en algúns casos por un par de puntos. Iso é o que fai do Cross por equipos unha competición moi apaixonante onde moitas veces importa mais o 4º integrante do equipo que o 1º!

O primeiro éxito da xornada chegou xa na primeira carreira do día onde Degnesh Maria Mato proclamouse a MELLOR BENXAMÍN DA PROVINCIA DA CORUÑA EN CROS, facendo unha grande carreira onde disputou sempre a primeira posición con outra atleta ata que, a falta de 100m, lanzou un ataque final para facerse coa vitoria.



Despois do éxito do ano pasado onde os Benxamíns foron campións provinciais, ese ano o grande destaque ficou por conta dos Alevíns masculinos, que lograron ser primeiros con grande solvencia e logrando ser o PRIMEIRO EQUIPO DE MILLARAIO  a clasificarse para un campionato galego de Cross. Daniel Mato foi o 3º nun apertado Sprint que decidiu os 3 primeiros postos.


Tamén están clasificados de maneira individual Hugo Rodríguez Abel, que foi 8º nunha recuperación nos últimos metros e conseguiu así o pase para a próxima fase e Ines Castaño García, que correu de menos a mais para ser finalmente 7ª e garantir así a participación de 8 atletas do Millaraio o vindeiro Sábado pola maña, no Campionato Galego en Guitiriz, onde se medirán cons mellores equipos e atletas de toda Galicia.

Pedimos que se algún dos clasificados (os dous xa nomeados e tamén os 6 atletas Alevín que correron no Provincial) non pode acudir o sábado pola maña ao Galego, avisen cuanto antes para poder preparar as listas!


Parabéns a todos os que loitaron en cada un dos Cross disputados e que demostraron que o importante é enfrontar os desafíos facendo o mellor posible, independente do posto que chegamos e dando o mais que se poida para o equipo!


domingo, 17 de febrero de 2013

II CROSS COMPOSTELA

Hoxe domingo 17 disputouse no circuito de Monte do Gozo en Santiago o segundo Cross Compostela con presencia de atletas do Millaraio. A pesar dun tempo bastante malo e dun percorrido totalmente enlamado conseguíronse uns grandes resultados cun total de 7 medallas.


Na categoria benxamín feminino, Teodora Ruso logrou a primeira posición na proba.
En alevín feminino acadamos outra medalla de ouro coa atleta Noelia Castro.
En alevín masculino o éxito foi dobre, ouro para Pablo Diaz e bronce para Luis García sendo Antón Gómez o 4º.
Inés Castaño logrou a primeira posición na categoría de cadete feminino, confirmando seu bo estado de forma xa que clasificouse para o campinato Galego de Cross.
En xuvenil feminino Vanesa Varela acadou o bronce e na proba absoluta destacar o segundo posto do noso adestrador Joao.

Noraboa a tódolos participantes que a pesar do mal tempo e chegando a perder algún deles as zapatillas polo mal estado do terreo, remataron a proba desmostrando unha gran determinación e fortaleza, destacando a Valeria Batire Guridi e a David Varela que correón grande parte da proba sen unha das zapatillas (perdidas no barro) e aínda así chegarían a meta non entregándose e demostrando o verdadeiro valor do deporte!

A continuación tedes a enlace cos resultados deste II Cross Compostela.
resultados II Cross Compostela

jueves, 14 de febrero de 2013

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS


Un ano mais o Millaraio levará un nutrido grupo (sobre 40 atletas) ao campionato provincial de Campo a Través que ese ano será en Culleredo, moi preto da cidade da Coruña, o vindeiro sábado 16/02 a partir das 11:15 da mañan.


Todo o detalle tedes no enlace:


O Autobús sale as 9:15 da mañan, en fronte a entrada de abaixo dos buses na estación de Autobuses de Santiago. (Diante do BNG) e é de uso exclusivo dos atletas. Recomendamos que, ainda que os pais leven os seus coches, os atletas fagan súa viaxe de ida (polo menos) no autocar cos compañeiros!


Tras evaluar no local as condicións do terreno, notamos que en caso de que non esté mollado, pódese correr con zapatillas normais, pero facemos a seguinte recomendación:

TODOS OS ATLETAS QUE TEÑAN A POSIBILIDADE DE LEVAR OS CLAVOS DEBEN FACELO!!! (OS QUE TEÑAN PINCHOS DE 6 A 9mm TAMÉN DEBEN LEVALOS.)

Imprescindible equipación do clube (camistea Blanca e chandal) e pantalón ou mallas oscuras (azul oscuro ou negro)



Por outra banda, recordar que hai adestramento normal para todos aqueles que non irán ao Provincial, nas pistas de atletismo, nos mesmo horarios de sempre (consultar calendario en caso de dúbida).











Agardamos un bo día para a competición e tamén para o adestramento que xa vai comenzar a centrarse nas probas de pista que comenzarán o vindeiro mes de marzo.

BOA SORTE A TODOS!

miércoles, 13 de febrero de 2013

Capionato Gallego Veterán en Pista Cuberta


Non só de rapaces pequenos está feito noso Clube! Nosos atletas Veteranos tamén son unha parte integrante e activa do Clube e dous dos nosos representantes desprazáronse a Coruña para a disputa do Campionato Galego en Pista Cuberta das Categorías maiores de 35 anos.

Joaquin Sanchez e Mabel Mougan fixeron una preparación para a cita con adestramentos específicos e firmaron una grande actuación nas pistas de Riazor, onde Joaquín rozou a medalla de bronce na dura proba dos 800m sendo 4º con 2’25”13 a solo 2 décimas do 3º posto. Tamén firmou boas actuacións en 200m (29”56)  e 400m (1’03”96).

A representante feminina Mabel, competiu en 2 probas sendo que na primeira firmou un bo crono de 6’06” en 1500m para facerse coa medalla de prata, para logo correr os 200m en 33”, sendo 3ª na súa categoría e traendo outro metal para o palmarés do Millaraio en Campionatos Galegos!

Parabéns aos dous atletas polos resultados e por ser un grande exemplo de dedicación ao deporte conciliada ao deporte e a familia!

lunes, 11 de febrero de 2013

Campeonato Galego de Marcha en Ruta



O Domingo día 10  as atletas Vanesa Varela Rivas e Natalia Sanchez Pardo desprazáronse ata Aldán (Cangas) para disputar o Campionato Galego de Marcha en Ruta.Malia a maña de choiva e vento que estaba as dúas atletas enfrontáronse con ganas ás súas respectivas distancias nun circuíto de 1km de lonxitude cada volta.
Natalia nos 3km infantís enfrontouse a unha carreira na que a chuvia estibo bastante presente pero malia iso fixo un tempo de 24 minutos 14 segundos nunha carreira na que mantivo un ritmo constante e bo dende o principio o que lle levou finalmente a conseguir a súa mellor marca persoal en ruta e a súa segunda mellor marca de sempre entre a pista e ruta.
A seguinte en competir sería Vanesa que se tiña que enfrontar o inédito reto de facer os 10km da categoría xuvenil. Nunha carreira na que a choiva xunto cun forte vento case non lles permitía avanzar as atletas, soubo manter un ritmo bastante constante desde o 1º Km para finalmente conseguir finalizar os 10km en 1 hora 26 minutos 35 segundos.
Parabéns ás dúas atletas que levan o  nome do Clube a moitas competicións de marcha e están superando retos e sorprendendo pola sua evolución nas probas en que compiten!

 

Campionato Galego Xuvenil PC

O pasado sábado disputouse o campionato Galego Xuveníl de PC en A Coruña, competición con acceso por mínimas de participación, na que acudiriamos con 2 atletas, aínda que finalmente Cristina Sanchez Pardo causaría baixa nos 50m por unha gripe, sendo Antón Lopez Bermudez o noso único representante.

Antón tiña mínima para os 50m lisos e salto en Lonxitude e aceptou o desafio de facelas dúas probas, coa dificultade que as semifinales dos 50m se disputarían no medio da proba de salto.



Noso único atleta convocado para unha selección galega, fixo un gran papel nas dúas probas! Aínda que a preparación para pista acaba de comenzar e faltan moitos axustes por facer, mellorou súas marcas en Pista Coberta alcanzando os 5m54 en lonxitude onde foi 7º e os 6,72 segundo en 50m para facer o record persoal e do Clube, quedando a tan só 1 decima da final (8º tempo geral).

Resultados:

Resultados Galego Xuvenil PC 2013

Noraboa a Atón e rápida recuperación á Cristina! En 3 semanas lles tocará aos atletas cadetes acudir ao mesmo encenario para disputar o seu campionato Galego.

viernes, 8 de febrero de 2013

SUPERAMOS AS 40.000 VISITAS!!

Esta semana é moi especial para o club porque chegamos ás corenta mil visitas no noso blog!
Esto é motivo de satisfacción pois o noso medio de comunicación cos nosos socios  e seguidores vaise consolidando pouco a pouco. O noso nome xa se está coñecendo...
Nestes últimos anos foi aumentando o número de socios de maneira considerable,despertando no entorno dos nenos o interese polo deporte do atletismo e polas súas diferentes disciplinas.
Como podedes ver na anterior publicación xa somos un club que aparecemos nos medios especializados neste deporte o que comproba que xa está artellandose en diferentes probas e en diferentes categorias.

Isto tamén é posible gracias ao apoio do noso patrocinador principal  e aos nosos colaboradores:

                       CENTRO DENTAL MACIA 

* Librerías e papelerías
O TINTEIRO                   
 
* Cristalería de automoción
GLASSDRIVE -  GRUPO AUTO VIDRIO
                      

* Restaurantes, cafeterías, cervecerías

 WWW.RESTAURANTECENTRAL.ES

  VAGALUME 

  BAR JOY
                                          

* Cortinas e edredóns  
 MAYZU
* Mascotas, animais 
 CENTRO MASCOTA.