sábado, 30 de junio de 2012

Resultados Vila de Noia

Abaixo temos o enlace cos resultados do Trofeo de Atletismo Vila de Noia onde o noso clube pecho a tempada de atletismo con moi bos resultados tanto en medallas e marcas como na mellora técnica que de notou co traballo realizado por cada un dos atletas durante o ano!

resultados:

http://www.atletismogalego.com/Resultados201112/Santiago/s230612.pdf

Un saúdo!

Circuito Corre San

É unha iniciativa do Concello de Santiago de organizar un circuito con 4 carreiras nos próximos meses e está destinado a todas as categorias dende Alevín a Veteranos. Non é carreira do clube e a participación ou non é unha decisión idividual de cada un. Ox xuveniles, senior e absolutos non entran na inscripción escolar realizada e deben REALIZAR SUA PROPIA INSCIPCIÓN caso queira participar.

Tralo convite feito pola organización o clube aceptou anotar a todos os seus atletas escolares, pese estar no periodo de vacacións, polo que a participación en cada un nas carreiras é voluntaria e pola súa conta, ainda que sempre intentaremos ter a alguén da directiva (ou responsable de algún atleta) ou do corpo técnico para axudar na ditribución dos dorsais.

Pedimos a todos que miren as distancias das probas, pois no caso de alguns alevíns, é unha distancia algo larga e deben estar orientados a correr moi tranquilos e a ritmos suaves!

A primeira carreira será no campus universitario Sur, con saida e meta nas inmediacións das pistas de atletismo a que acudimos a adestrar durante o ano e se fai no día 30/06. A segunda será dia 14/07 na zona vella, pola noite!

Regulamento e información:

http://www.fgatletismo.es/santiago/?p=919

Un saúdo!

sábado, 23 de junio de 2012

MILLARAIO PRINCIPAL ANIMADOR DA XII MILLA URBANA DO CONCELLO DE AMES

O pasado domingo, día 17 de Xuño, tivo lugar no Milladoiro a XII edición da Milla Urbana, organizada polo Concello de Ames.
MillaRaio tivo, unha vez mais, un gran protagonismo na mesma. Participaron gran parte dos nosos atletas e o evento tivo unhas cores dominantes: as azuis e brancas do noso equipamento.
Ademáis de ser o club mais numeroso con diferencia, tamén logramos copar gran parte dos primeiros postos nas diferentes categorías.

A continuación recollemos os postos de podium acadados polos nosos atletas:
  • Prebenxamín Feminina: 3ª Valeria Batire Guridi Diéguez.
  • Prebenxamín Masculina: 2º  Mario Vilar Veiga.
  • Benxamín Feminina: 1ª Degnesh María Mato Gómez; 2ª Laura Pais Mosquera; 3ª Fátima Dell Blanco.
  • Benxamín Masculina: 1º Pablo Díaz Oiza; 3º Antón Gómez García.
  • Alevín Feminina: 2ª Laura Cuesta Pereiro.
  • Alevín Masculina: 2º Carlos Dios Suárez; 3º Diego Alonso Campos.
  • Infantil Feminina: 3ª Rocío García Villaverde
  • Cadete Feminina: 1ª Irene Ibañez Cocera; 3ª Cristina Sánchez Pardo
  • Cadete Masculina: 1º Martín Fernández Hermida; 3º Mateo Raindo Vázquez.
  • Xuvenil-Junior Feminina: 2ª Vanesa Varela Rivas.
  • Xuvenil-Junior Masculina: 3º Francisco López Bermúdez.
  • Veterano Masculina "B": 1º Joaquín Sánchez Leira, 2º Mario González Freire.
  • Veterana Feminina "E": 1ª Lourdes García Vázquez; 2ª Mª Josefina Pardo Montaña.
Noraboa pois a todos os atletas do club que participaron no evento, e non só os premiados. De feito, ben sabemos que en moitas ocasions atletas que fixeron moi boas carreiras non chegan a acadar o podium pola moita competencia existente na súa categoría. Esta situación aconteceu de xeito claro o domingo. Dende o club tense en conta e valórase o traballo de todos e cada un según as súas circunstancias e posibilidades.

Por outra banda, queremos resaltar moi especialmente o esforzo dos nosos prebenxamins, que polo momento teñen poucas oportunidades de competir e mostrar a súa progresión. Neste caso o fixeron moi ben, logrando incluso entrar no podium. Especial noraboa a eles!! Son o futuro do club!!

Finalmente queremos aproveitar tamén para felicitar ao noso director deportivo e adestrador Joao Fernández Rodrigues pola súa carreira do domingo, que o levou a ser o vencedor absoluto da proba, así como pola gran tempada que está a realizar, a pesares das lesións e contratempos que está a ter. Él é un gran exemplo e estímulo, tanto para os rapaces como para os veterans do club. Felicidades!!



miércoles, 20 de junio de 2012

Últimas novas sobre a Cacharela de San Xoan

Informarvos a todos os socios que a cacharela prenderase sobre as 23:00-23:30 horas. O prazo para anotarse a sardiñada xa rematou e todo aquel que queira asistir e non se inscribiu pode facelo sempre e cando leve de casa as viandas necesarias para el e os seus.

A xente que esta anotada, e poda e queira botar unha man a Miguel na preparación da cacharela, facer a sardiñada, etc.  pode estar na finca a partir das 17:00 horas. Agrádecese a colaboración dos socios para que todo resulte un éxito. Búscanse expertos en fogatas e preparación de sardiñas. Os que poidan botar unha man poden mandar un correo a miguelbuela@gmail.com.


Comentar, para os que queiran ver o partido de España, que se vai instalar unha pantalla xigante nas inmediacións da finca, a uns 100 metros aproximadamente. Así que todos os que queiran animar a España serán benvidos. Por outra banda, conseguiuse que deixaran a carpa que se instalou na comida do club e aínda que non hai previsión de chuvia, os que o desexen van a estar mais abrigados e cómodos.´


Para rematar, comentar que se poden levar familiares, amigos, etc, sempre e cando todos cumpramos as mínimas normas de comportamento, tendo en conta que estamos nunha finca particular.


Animádevos a vir!!!





lunes, 18 de junio de 2012

GRAN ACTUACIÓN DE MILLARAIO NO CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN ALEVÍN INFANTIL POR EQUIPOS

O pasado sábado, día 16 de Xuño, moitos dos nosos atletas competiron no campionato galego por equipos na localidade de Ribeira.
A competencia foi moi dura pois acudiron os mellores clubs federados de Galicia de cada unha das categorías. Ainda así as nosas rapazas e rapaces competiron moi ben, logrando, as mais das veces, superar as súas marcas persoais nas probas que disputaron.
Finalmente, desposis de sumar os puntos obtidos, os nosos equipos quedaron do seguinte xeito:
  • Benxamin Masculino: 2º posto e, por tanto, subcampions galegos!!
  • Benxamin Feminino: 4º posto.
  • Alevín Masculino: 5º posto.
  • Infantil Feminino: 7º posto.

Queremos, dende este foro, felicitar a todas as nenas e nenos de MillaRaio que participaron. Os que asistimos en directo damos fe de que todos eles deron o millor de seu, en algúns casos loitando contra unha evidente superioridade física por parte de moitos dos rivais.

Especial noraboa ao equipo Benxamin Masculino que acadou o subcampionato galego!!

CACHARELA DE SAN XOAN

O próximo sábado, dia 23 de Xunio celebrarase na finca de Miguel, despois do partido de España, a tradicional cacharela de san Xoan.
Todos os que queran participar teñen que mandar un correo ao presidente na dirección habitual: miguelbuela@gmail.com indicando cantos serán para tomar sardiñas e bebida, por prezo aproximado de 5€ por persoa, que pode variar en función do costo da sardiña no mercado.
A data límite para anotarse é o mércores día 20 ás 14 horas.
O que non queira sardiñas pode levar o bocadillo da casa e comelo alí.
Se alguén acorda ir con fecha posterior ao mércores 20, ten que levar as sardiñas ou o bocadillo pola súa conta.
A cacharela prenderase sobre as 23:30  horas
Esperamos que vos animedes moitos pois é unha festa moi agradable!!

domingo, 17 de junio de 2012

IIITrofeo de Atetlismo Vila de Noia

Como último acto da actual tempada atlética, imos acudir o vindeiro sábado pola mañan ao Trofeo Vila de Noia! É unha competición en pista con probas para todas as categorias dende Benxamín a Veterán. (Falaremos coa organización para tentar que poidan participar os nosos "casi" Benxamíns Mario, Xan e Valeria)

A confirmación de participación debe enviarse ao correo millaraio@gmail.com ata o mércores 20/06, indicando que probas quere facer o atleta unha vez que poden escoller os atletas as que mais lle guste, matizando que cada atleta pode participar en 2 probas sempre que non sexan as dúas de mais de 250m. No caso dos Cadetes e xuvenís poden facer 3 probas con a mesma restricción para distancias mais longas.

Os detalles da competición podedes coñecer no seguinte enlace:

http://www.atletismogalego.com/hs230612.pdf

Non hai Adestramento neste día e esperamos ter unha grande participación e que cada un disfrute e busque mellorar súas marcas na última competición en pista do ano!

Pincha neste enlace para ver como chegar

sábado, 16 de junio de 2012

ACTIVIDADES PARA LA COMIDA DEL CLUB

Á vista das últimas predicións metereolóxicas (parece que vai chover un pouquiño durante a tarde do domingo) imos instalar unha mesa de ping-pong  e unha canastra de baloncesto no alpendre e animámosvos a que levedes xogos de mesa, para que os nenos (e tamén os adultos), pasemos unha divertida tarde de choiva.

Si no sabes como llegar pincha en este enlace (flecha verde).

miércoles, 13 de junio de 2012

CAMPIONATO GALEGO DE VETERANS


O pasado domingo, día 10 de Xuño, celebrouse, nas pistas de atletismo da cidade de Lugo o Campionato Galego de Veteráns 2012.
O noso club tivo unha pequena representación en número (únicamente competiron 2 atletas) pero que resultou moi fructífera en canto a medallas acadadas.

Por unha banda a nosa atleta Mª Isabel Mougán Domínguez (Mabel), acadaba medallas, na súa categoría, nas dúas  disciplinas nas que competiu (prata en 400 ml e bronce nos 1500 ml).


Pola súa parte o atleta Joaquín Sánchez Leira tamén logrou medalla, na súa categoría, nas tres carreiras nas que tomou parte (bronce nos 400 ml; bronce en 200 ml e prata nos 5000 ml).

Finalmente aproveitamos tamén para felicitar a un dos adestradores do noso club Rogelio Santos Laiño (Roger) polo éxito que tamén acadou nestos campionatos, ao lograr tamén 3 medallas de 3 posibles (prata en 200 ml; prata en triple salto e bronce en salto de lonxitude).

Noraboa aos atletas mencionados e esperamos que para outros anos a representación de MillaRaio poda ir en aumento nuns eventos que teñen tan bo ambiente como son os Campionatos Galegos de Veterans!!!

martes, 12 de junio de 2012

NUEVOS DATOS COMIDA DEL CLUB

Con respecto a la comida del club del próximo domingo 17, reseñar que el menú infantil ha sufrido alguna modificación y va a estar compuesto de un 1º plato de pasta, un 2º plato de tortilla y como postre helado.
Por otra parte se ha decidido instalar carpa ante las previsiones metereológicas que apuntan la posibilidad de lluvia.
Finalmente comentar que los que no hallais ido nunca a la finca donde se celebra la comida podeis preguntar la mañana de ese día, durante la celebración de la Milla Urbana del Milladoiro, a los más veteranos, así como a la directiva del club, que os indicarán como llegar al lugar.

lunes, 11 de junio de 2012

Antón López Bermúdez, selecionado para a concentración de saltos.

Todos os anos a Federación Galega de atletismo convida aos atletas mais destacados para unha concentración técnica onde estarán adestrando baixo a tutela dos mellores especialistas e responsables dos setores detoda Galicia e na lista dese ano está o nome do Atleta de Millaraio Antón López Bermudez, que vé premiada a tempada Impecable no salto lonxitude! Cabe decir que sua participación nas probas combinadas tamén foi de grande nível tendo en conta que foi un debut!


A edición de hoxe da Voz de Galicia trae unha importante nota relatando a tempada de Antón, seu logros e resultados e tamén os de Dani Mato no último Galego benxamín! Nótase que o clube vai facendo un importante traballo e está sendo recoñecido no atletismo local e autonómico como tamén ven a confirmar o mais novo recoñecimento por parte da federación Galega de Atletismo:

MILLARAIO foi recoñecido como NIBA2- NÚCLEO  de INICIACIÓN ATLÉTICA BÁSICA, por ter os requisitos de calidade, de número de atletas, formación e rexistro de adetradores na escola Galega e organización de eventos atéticos.

É un orgullo moi grande ver os frutos de un proxecto que comenzou a alguns anos atrás, con muito traballo e dedicación de todos os que pasarón polo clube e axudarón a que pouco a pouco se poidera crear a estructura que temos ahora!

Parabéns a todos aqueles que axudarón a constituir desenvolver e manter os proxectos e a filosofia do Millaraio e esperamos seguir contando con a colaboración de todos para mellorar e seguir facendo o noso traballo con moita ilusión!

sábado, 9 de junio de 2012

XII MILLA URBANA CONCELLO DE AMES

O próximo domingo, día 17 de Xuño, celébrase no Milladoiro a XII edición da, xa tradicional, Milla Urbana do Concello de Ames.
Neste evento, organizado polo concello, o noso club é destacado colaborador. Tamén colabora a Delegación de Santiago da Federación Galega de Atletismo, que serán os que fagan o control técnico da proba.
Para os atletas do MillaRaio este evento é das consideradas como "carreira do club". Polo tanto  o club  inscribirá en ela a todos os rapaces de MillaRaio.
Gustaríanos que, como xa sucedeu outros anos, os nosos atletas enchesen o Milladoiro coas cores do equipo. Para nós ésta é a "carreira de casa" onde además en outras  edicións ocupamos moitos postos no podium nas diferentes categorías.

Ademáis queremos animar a participar a os pais dos atletas que o desexen. Tratase de una milla (1609 m) polo que a distancia é asequible para calquera, sempre que adapte o ritmo ás suas circunstancias. Por suposto non hai que estar anotado no club ni estar federado para correr. Únicamente tedes que ter ganas de facelo. Non pasa nada si tendes que ir despacio que é una carreira popular!! Animádevos todos e facede a inscrición!! Xa veredes como correr engancha!!
Adxuntamos o trítico da proba.

miércoles, 6 de junio de 2012

Próximas semanas- Calendario

Primeiro confirmar que o Campionato Galego por Equipos será finalmente en Riveira, en horario matinal que esperaremos para confirmar a semana que ven para evitar que algún cambio nos colla de sorpresa.
A lista cos participantes será confirmada no lúns, despois do adestramento do sábado e do lúns e tamén de que acaben de confirmar aqueles que ainda non enviaron a resposta. Recordamos que aqueles que non respondan non serán levados en conta para a confección dos equipos e que o prazo remata hoxe 06/06.

As actividades do clube rematarán xuntamente co curso letivo e teremos nosa última actividade do ano o día 23/06.  Nas próximas 2 semanas os adestramentos dos atletas que adestran no Milladoiro os luns e mercorés, pasan a facerse nas dependencias das pistas de Atletismo para prepar mellor a competición do día 16 e co bo tempo (ou eso esperamos) desaarece o problema de espacio que temos cando chove e os espazo cobertos son limitados e compartidos con outros usuarios.

Toda a información detallada tedes no calendario (lado superior dereito da paxina) e aprobeitamos para adiantar que, pasada esa tempada de transición onde consolidouse a estructura, os espaciós, os grupos e as rutinas de adestramento, buscaremos no proxecto deportivo para o vindeiro ano unha simplificación das rutinas, con poucas variacións de horarios e locais coa finalidade de facilitar ao máximo a asistencia aos adestramentos e a adecuación às necesidades de cada grupo.

Un saúdo!

Adestramento de xavalina Sábado!

Como era esperado polos nosos atletas, teremos unha nova sesión de adestramento de xavalina na presente tempada! Será o vindeiro sábado nas pistas de atletismo da USC, con destino aos atletas infantilñes de 2º ano, cadetes e xuveniles.

Esta segunda sesión vai servir para consolidar o aprendido na primeira por algúns, para iniciar aqueles que perderón a sesión anterior por algún motivo e para apurar a técnica dos atletas que competirán nesta proba nos vindeiros campionatos por equipos e de probas combinadas.

A sesión será impartida unha vez mais polo adestrador nacional especialista Jose Domínguez que virá especialmente para a ocasión e comenta que gústalle a motivación e as ganas de aprender cousas novas que viu nos atletas do clube Millaraio!




Deixamos un vídeo onde podemos ver un super lanzamento do atleta Andreas Thorkildsen, enviando a xavalina a mais de 90m de distáncia!

Especialmente este sábado os atletas das categorias mencionadas acabarán o adestramento un pouco mais tarde, as 13:00 para poder aproveitar ao máximo a visita do especialista!

lunes, 4 de junio de 2012

ÚLTIMA HORA- Antón López Bermúdez 10º en el Campionato de España

Este Domigo por la mañana, Antón Lopez Bermúdez participaba en el campionato de España de Federaciones Categoria Cadete e melloraba súa marca persoal en lonxitude con un salto de 5m78 (ainda que con vento de +2,9) axudando a seleción galega a conquistar o 4º posto por equipos entre todas as comunidades autonomas!

Noraboa a Antón que ven demostrando unha grande progresión mellorando praticamente 1 mentro súa marca na presente tempada!

Buena Actuación do Clube no Galego Benxamín/Alevín

Pese a algúns porblemas referentes as inscripcións que o final resolveránse e algunhas baixas non esperadas, os Benxamís e Alevíns do clube fixerón una boa participación no campionato onde se medían con os mellores atletas de toda a Galicia.

As velocistas benxamíns Helena Montero, Noelia Castro e Sabela Ferrás estiverón moi preto das suas mellores marcas nos 50m quedando as portas da final. No Masculino, Pablo Alonso acadou praza na fonal onde foi finalmente 6º. O mesmo atleta viria a estar moi preto de gañana unha medalla en lonxitude onde fixo unha boa marca 3m32cm para ser 4º a 4 cm da prata. Outro Pablo (Díaz) tamén competiu ben en lonxitude pero foi en 1000m onde igualou sua marca persoal (3'50") para ser o 5º mellor de Galicia!

Un outro benxamín polivalente foi o que deu as únicas medallas da Xornada para o Millaraio.  Daniel Mato foi 3º colocado en 500m e tamén en lanzamento de pelota, acadando en ambas probas suas mellores marcas persoais (1'37" e 26m50cm, respectivamente) e sendo o primeiro benxamín de millaraio a acadar medallas en un campionato galego benxamín ao aire libre!

Pola súa banda, os Alevín tamén competirón moi ben, acadando varios postos de destaque! Diego, o maior  dos imáns Alonso, outra vez estivo andando en ritmos sobre os 4 m/km na proba de 2000m quedando 8º con 8'03".

En 60m lisos Carlos Dios quedou moi preto da clasificación sendo 4º na sua semi-final con 9"47. na mesma proba Mateo García pasou a final e a piques estivo de gañar unha medalla sendo 4º colocado con 9"20 a menos de 1 decima de unha medalla de prata.

Nosos lanzadores tamén fixerón un bo papel!  Gabriel Martinez lanzou o peso a 6m44cm e Pablo Fernandéz voltou a superar os 7m para ser o 10º con 7m24.

A única rapaza alevín que representou o clube fíxo por partida dobre: Laura Cuesta foi a 6ª mellor en salto en altura con 1m15cm e fixo marca persoal en 1000m para ser tamén 6ª con 3'45", que tamén é o record do clube para esa categoria!

Noraboa a todos e en un par de semanas, cada un aportará o mellor de sí para aportar ao equipo no Campionato galego por equipos que tamén será nas pistas da Malata en Ferrol!

sábado, 2 de junio de 2012

REMATA O PRAZO PARA PODER ASISTIR Á COMIDA DO CLUB

Lembrade que o próximo día 4 de Xuño é o último día para facer o pago e inscribirse para a comida do club. Con posterioridade a esa data non se admitirá ningunha inscrición.
Envióusevos por correo a conta na que tendes que facer o ingreso a razón de 6 € por neno e 10 € por cada adulto. Ademáis de facer o pago tedes que mandar un correo ao presidente (Miguel Buela) co nome do atleta e o número de nenos e adultos que ides ser na comida. O correo do presidente é miguelbuela@gmail.com
Como xa sabedes a comida será o día 17 de Xuño domingo (o mesmo día que se celebra a Milla Urbana no Milladoiro). Rapidiño que somentes quedan dous días!!!